Diapositiva1.png

ANTROPONIMIA

"Parte da onomástica que estuda os nomes propios das persoas"

Apelidos no IES "Félix Muriel" - Rianxo

Información cargada cos datos do curso escolar 2016-2017  (Febreiro de 2017)

Busca o teu apelido>>>Saberás cantos hai no IES>>>Se están empregados coma 1º ou 2º>>>Tamén o número de ocorrencias na Comunidade>>>Podes ver o mapa de distribución por concellos en (http://ilg.usc.es)

1500_portada_e_contra-1.pngA Real Academia Galega acaba de publicar este libriño.

(Faiclic na imaxe para velo en orixe)

Aproveitamos esta información para o noso proxecto sobre os apelidos e fixemos cartaces ca listaxe para expoñer no centro.

"Hoxe, felizmente, temos nas nosas mans Os apelidos en galego (Orientacións para a súa normalización), opúsculo que recolle mil cincocentos apelidos da nosa Tradición, escolleitos, maioritariamente, cun criterio de frecuencia. Este Dicionario de apelidos resolve, practicamente, as dúbidas todas que suscita, entre nós, este capítulo da Onomástica galega.
Chegouse a estas conclusións despois de non pouco esforzo filolóxico" (limiar Xesús Alonso Montero)

"Os apelidos constitúen un elo que nos vincula directamente coa nosa estirpe, isto é, coa familia da nai e a do pai, pero, ao mesmo tempo, forman parte dun patrimonio inmaterial que nos está falando da nosa historia como pobo, porque os apelidos non xorden da nada, senón que están tomados dun conxunto léxico que se remonta, polo menos, á Idade Media. Foi daquela cando se comezaron a fixar como segundos nomes uns elementos que —nun principio cambiantes de xeración en xeración e despois hereditarios— se foron transmitindo ata os nosos días."
(Presentación, Ana Isabel Boullón Agrelo)

"As bases para a estandarización da ortografía, morfoloxía e léxico da lingua galega están ben establecidas desde a publicación das Normas (1982, 2003), no que atinxe aos dous primeiros aspectos, e o VOLGa (2004), no que toca ao elenco das formas léxicas.

Agora ben, a antroponimia, e especificamente aquela parte que abrangue as denominacións oficiais do individuo (isto é, os nomes e o apelidos), presenta unhas características especiais que deben ser contempladas á hora de propor unhas normas para a súa regularización ortográfica e morfolóxica.

O criterio xeral será a adaptación á norma gráfica actual, tanto no que respecta á utilización dos grafemas como a segmentación de palabras ou á acentuación. Agora ben, a antroponimia pode seguir uns criterios menos ríxidos ca o léxico común, da mesma maneira que o fai a toponimia, co fin de manter as variantes fonomorfolóxicas que se foron fixando ao longo dos séculos. De maneira que, naqueles aspectos en que non hai repercusión fonética nin influencias foráneas, respectarase esa variabilidade."
(Criterios para a estandarización dos apelidos)

 

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos