RIANXO, UN LUGAR DE MEMORIA

 

Xesús Costa Rodil (Rianxo, Nadal de 2014)

 

Galiza, na Guerra Civil, logo duns días de certa resistencia (Ferrol. A Coruña, Vigo e outros pequenos focos como o Barbanza-Noia-Muros) fronte aos militares golpistas apoiados por civís que se rebelaron contra o goberno lexítimo da II República, ficou totalmente dominada polos sublevados. E cando os franquistas van derrotando aos leais á República na fronte norte (Euskadi, Santander, Asturias) milleiros de combatentes republicanos que loitaron pola xustiza, pola liberdade, polos dereitos sociais, convértense en prisioneiros da guerra.

Precisaban buscar os franquistas espazos como centros de reclusión para tantos presos. E Galiza, territorio ben sometido ofrecíalles garantías para a instalación de campos de concentración. No noso pais funcionaron uns dezasete, catro deles no sur da provincia de A Coruña, os de Padrón, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Muros.

Nestas localidades encontraron instalacións amplas (fábricas de salga paradas e a inactiva factoría azucreira de Padrón) para encerrar a moitos prisioneiros que podían transportalos con facilidade por vía marítima e terrestre.

O 14 de novembro de 1937 , o vapor "Alfonso Senra", dos "nacionais", ancora na enseada de Rianxo, fronte a Portomouro, a pouco máis dunha milla da vila, cuns 1047 prisioneiros da fronte de Asturias para o penal de Rianxo situado na fábrica de salga, en paro, dos Goday, beira da ría, isntaladas nas terras labradías chamadas antigamente do foral de Socadío. Era domingo e dende Punta Fincheira, veciños do pobo observaban as manobras de desembarco dos prisioneiros para trasladalos ao campo de concentración. Había mal tempo:vento do mar e chuvia.

A outra vaga de prisioneiros republicanos que chegaron ao campo de concentración de Rianxo foi o día 6 de febreiro de 1939, da fronte de Cataluña.

En resume, por este lugar de memoria, do que hoxe só queda a testemuña dun momento inxel erxido no ano 2003 polo Concello de Rianxo, chegaron a pasar, de novembro de 1937 a novembro de 1939 uns 3.000 homes como mínimo. E entre este s homes a mais dos prisioneiros da guerra, estiveron presos gobernativos confirmados, seu exilio, porque os franquistas niñaos por perigosos para a Ditadura que impuñou.

Quince prisioneiros fallecidos no tempo que durou o campo de concentración soterrados no ceminterio municipal de Rianxo onde, desde o ano 2003, quedou gravada na súa, loura, a placa da súa lembranza. Durante o seu cautiverio, os prisioneiros a solidaridade do pobo de Rianxo (levanlles comida, lavanlles roupa, danlles algo de tabaco,...) a pesar da forte represión existente. E algúns prisioneiros que volveron visitar o lugar do seu o presidio amozaron o seu agradecemento ao trato fraterno da xente do pobo!

"Miña nai dicianos que tiñamos que axudar aos prisioneiros. ¡Calade, temos fillos por aí adiante e non sabemos o que poden necesitar"

(Manuela Romero Lojo)

A información detallada sobre os catro campos de concentración (Padrón, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Muros) encóntrase no libro que D. Xesús Costa e D. Xesús Santos publicaron no ano 2007 do que facemos referencia a continuación

 

DSC_0125-300x300.jpgRianxo, un lugar da memoria

Artigo publicado na nosa revista "Bico da Ría"
18 Febreiro, 2015. Por Xesús Costa Rodil

Galiza, na Guerra Civil, logo duns días de certa resistencia (Ferrol. A Coruña, Vigo e
outros pequenos focos como o Barbanza-Noia-Muros) fronte aos militares golpistas
apoiados por civís que se rebelaron contra o goberno lexítimo da II República, ficou
totalmente dominada polos sublevados. E cando os franquistas van derrotando aos leais á República na fronte norte(Euskadi, Santander, Asturias) milleiros de combatentes republicanos que loitaron pola xustiza, pola liberdade, polos dereitos sociais, convértense en prisioneiros da guerra.
(VER ARTIGO COMPLETO)

Vídeo da conferencia de Don Xesús Costa

videocampo.png

Xornadas "Holocausto e Memoria Histórica"
IES Felix Muriel – Rianxo do 30 de Xaneiro o 3 de Febreiro de 2017

Luns 30 > Película "O Pianista" de Roman Polanski

Martes 31 > Bernardo Máiz Vázquez: Resistencia, Guerrilla, Represión no 36

Mércores 1 > Xosé Luís Axeitos Agrelo: As Misións Pedagóxicas

Xoves 2 > Xosé Ramón Brea Rei: O bou Eva: os irmáns Insua

Venres 3 > Montse Fajardo Pérez: A represión sobre as mulleres tras o Golpe de Estado do 36

Exposicións: "A illa de Memoria" e "Holocausto"

A semana do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro celebramos no IES Félix Muriel de Rianxo as 1ª Xornadas sobre o Holocausto e a Memoria Histórica.
O obxectivo era honrar as vítimas do Holocausto así como calquera tipo de eliminación de pobos, e que o alumnado tome conciencia desta situación de odio contra os "diferentes", sobre o sufrimento humano tanto no pasado como na actualidade, e construír un futuro onde podamos vivir con dignidade pero sen esquecer o pasado.
O Primeiro día visionamos a película O Pianista de Roman Polanski, onde poidemos observar o comportamento dos alemáns en 1939 cando invaden Polonia, contra os Polacos e en particular cos xudeus no gueto de Varsovia, todo elo a través do pianista Wladyslaw Szpilman da Radio Polaca.
O seguintes días contamos ca presenza do historiador Bernardo Máiz, que nos dou unha visión da España do 36 a través da súa conferencia, Resistencia, guerrilla e represión no 36, centrándose na zona de Rianxo.
O profesor Xosé Ramón Brea Rei, centrou a súa exposición sobre os curmáns de Castelao, os irmáns Insua, así como os acontecementos ocorridos en Vigo o 23 de abril do 1937 no bou Eva.
E o último día Montse Fajardo, dounos unha visión da represión sobre as mulleres tras o Golpe de Estado do 36, co relato de varias delas que sufriron represión na zona de Arousa.

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos