dieste.jpgRafael Dieste

Rianxo (1899) - Santiago de Compostela (1981)

Foi escritor cuxa obra participou da corrente innovadora que precedeu á Guerra Civil. Afeccionado á lectura dende neno, en especial a de temas filosóficos e científicos, e tamén á pintura que abandonou polo seu propio sentido crítico.

En 1914 iniciou os estudos secundarios na Escola Normal de Santiago, e en 1917 viaxou a Mexico, para regresar a España ao seguinte ano, tras unha estanza prolongada en Cuba.

Durante a guerra de Marrocos serviu como soldado na campaña militar do Rif e, ao reintegrarse á vida civil, traballou en Vigo como xornalista en O Pobo Galego, publicación galeguista e democrática da que foi secretario de redacción e á que contribuíu con artigos en galego e en castelán.

En 1926 publicou unha colección de contos, Dos arquivos do trasno, coa que gañou inmediata reputación como narrador, xénero que cultivou ambientando os seus relatos nunha Galicia primitiva e de lenda, mesturando a miúdo o real e o fantástico.

En 1927 apareceu a súa obra de teatro A fiestra valdeira e en 1930 publicou Viaxe e fin de don Frontán.

En 1932 organizou o Teatro Guignol das Misións Pedagóxicas, asumiu a súa dirección e escribiu para el diversas obras coas que percorreu España.

En 1933 apareceu o seu único libro de poesía co título de Rojo farol amante, así como a peza teatral Quebranto de dona Luparia.

En 1935, subvencionado pola Xunta de Ampliación de Estudos, realizou unha estanza en Francia e Bélxica que lle permitiu afondar nos seus coñecementos da arte escénica e a literatura teatral.

En 1936 publicouse o seu ensaio La vieja piel del mundo, sobre a orixe da traxedia e a idea de historia.

Ao estalar a Guerra Civil española, uniuse ao bando republicano. Foi cofundador da revista Hora de España e participou nas publicacións El mono azul e Romanceiro xeral da guerra de España. Escribiu teatro de guerra, publicando Al amanecer (1936) e Novo retablo das marabillas (1937). Ao termo da contenda comezou o seu exilio en Francia, para logo trasladarse a Uruguai e, de alí, a Arxentina, onde publicou, en 1943, Historias e invencións de Félix Muriel, composta por narracións con elementos autobiográficos, así como Viaje, duelo e perdición (1945) e Loitas co desconfiado (1949).

Ata 1948 traballou como director literario da editorial Atlántida de Bos Aires, e logo foi lector de español na Universidade de Cambridge (1950-1952) e profesor de lingua e literatura españolas en dous centros mexicanos. Dende 1954 residiu de novo en Arxentina, ata que en 1961 regresou definitivamente a España, onde repartiu a súa vida entre Rianxo e A Coruña. En 1970 ingresou na Real Academia Galega, lendo un discurso titulado A vontade de estilo na fala popular.

Foi tamén autor de diversos ensaios, entre os que destacan: Novo tratado de paralelismo (1955), Pequena clave ortográfica (1959), Testamento xeométrico (1975) e A alma e o espello, de 1981. En 1983 publicouse o volume Testemuños e homenaxes, e en 1985 apareceron algúns artigos inéditos recollidos no libro La illa. Táboas dun naufraxio.

Por: Nerea Lorenzo Rodríguez 1º Bac C

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos