faustino_rey.jpgFaustino Rey Romero

Rianxo (1921) - Bos Aires (1971)

Conxugou Faustino Rey Romeroa súa dedicación relixiosa co labor ensaístico e de creación lírica tanto en galego como en castelán. O compromiso co idioma propio e coa realidade das xentes do país foron trazos que marcaron unha singular traxectoria vital, hoxe inxustamente esquecida. O erudito, o intelectual, o filósofo, o poeta e o pensador confluíron na súa persoa coma un imparable dioivo na procura do saber; un pescudador que arelaba atopar as espostas que preocupan ao ser humano; un indagador sobre a existencia e a dimensión relixiosa; un poeta que, de seguro, aprendera nos franciscanos como das cousas máis pequenas e comúns poden crearse versos dunha beleza absoluta e cunha eufonía -coma o canto dos paxaros- transparente. Os merlos, a bolboreta, a flor da cerdeira nova, unha rosa... calquera motivo da fauna e da flora é materia poética, mais cómpre arrancar deles a beleza existencial, o senso lírico, a emoción interior, a intensidade vital.

A ampla perspectiva sobre o ser humano, a proxección teolóxica, filosófica e existencial fixeron de Faustino Rey Romero un poeta-pensador moi próximo cos desfavorecidos o que se pode comprobar, primeiro no labor parroquial en Galiza e, a partir de 1966, en Bos Aires onde se implicaría cos galegos residentes e exiliados deica a súa morte no 1971. Quen se achegou aos pobres (por vocación sacerdotal e compromiso literario) non podía comprender ningún totalitarismo que coutase a liberdade do individuo. Así o evidencian estas verbas aparecidas no ano 1970 na Escolanía de melros: "Aínda que non é político, sintíu sempre unha gran aversión ós réximes de forza, concretamente ó franquismo, que o mesmo día que o poeta embarcaba en Vigo rumbo á Arxentina botaba por terra o monolito que se lle adicara na ribeira do Ulla, na súa aldea natal".

Quédanos unha importante obra bilingüe de entre a que salientamos: Florilegio poético (1949); Doas de vidro (1951); Catro sonetos ó destino dunha rosa (1952); Escolanía de melros (1959 e 1970); Poema das materias sagras (1960) e El ángel descielado (1961). Composicións para ler con vagar, aos poucos, mentres os cantos, trinos, melodías, chirlos e rechouchíos aniñan en cada verso e pousan no corazón.

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos