Os_Rosales.png

ROSALES_1.png

OS ROSALES

Temos que remontarnos ao ano 1940 para encontrar a orixe deste grupo co nome "Aires da nosa terra"​ . Xosé Romero Suárez , con dez anos, decide formar este grupo que conta con catro compoñentes:

  • Xosé Romero, gaita
  • Ramón Carou, gaita
  • Alfonso Romero, bombo
  • Vicente Carou, tambor

A súa duración chegará ao 1950 ano en que Xosé ten que facer o "servicio militar". No 1952 volve a facer grupo e cambia o nome por "Os Rosales"

ROSALES_2.pngEsta formación permanece ata o 1962 con Xosé e Alfonso estables pero vai cambiando os outros dous membros a cada pouco por diferentes razóns (emigración, navegación, servicio militar, etc). Neste ano, Alfonso sofre un pequeno accidente (cae do palco en Escarabote) e escorda un brazo. Ante a necesidade de cumprir cos compromisos que aínda lles quedaban e non encontrando sustituto por ningures, é o momento no que entra no grupo a dona de Xosé, Maruxa Miguéns, que xa prestaba apoio nos ensaios. O grupo queda formado por:

  • Xosé Romero, gaita
  • Tomás de Bexo, gaita
  • Maruxa Miguéns, bombo e canto
  • Eloi Franco, tambor

O grupo, que xa tiña pezas de canto dende os seu comezo, adoita unha nova imaxe con Maruxa. Ela presenta e fai as reseñas de cada un dos temas que interpretan.

No ano seguinte, 1963, incorporan ao seu primeiro fillo Pepe Romero (seis anos) pois xa tocaba dúas pezas na gaita. No 1966 incorpórase definitivamente no grupo facéndose cargo do tambor.

No 1972 entra a formar parte o segundo fillo Mario Romero, que toca a gaita e no 1983 a filla Sandra Romero, tamén tocando a gaita.

O grupo continuará ata o ano 2003, no que deciden parar.

As viaxes

Pódese dicir que no tempo en que estiveron en activo, recorren toda Galicia e boa parte de Asturias. No ano 1987 visitan Madrid invitados polo Centro Galego, facendo actuacións en diversos lugares, entre eles en Alcalá de Henares, onde sofriron o roubo de parte do material: tres gaitas, os traxes e outras pertenencias. Este feito provocou a anulación da súa actuación na TV nacional prevista para o día seguinte.

No 1992 viaxan a Sevilla con motivo da Expo e actúan no pavillón de Galicia.

Estiveron en Barcelona, en Portugal, en Bruselas...

DISCOGRAFÍA

1º DISCO: Lembrando

"Queremos adicar iste disco ao CENTRO CULTURAL SIMON VARELA DE ASADOS"

A portada está feita por Xosé Comoxo e os textos son de Xesús Santos Suárez

LADO lLEMBRANDO_1.png

"OS ROSALES" (J. Romero S.) ......................... 2,58

"NA EIRA" (J. Romero M.)................................ 2,20

"FOLIADA DE CARRIL" (Tradicional) .................. 5,10

"A CAMPOSA" (J. Romero S.)............................ 3,26

"LEMBRANDO"/1ª parte (Tradicional) ................. 3,11

"NO CRUCEIRO NOVO" (J. Romero S.)............... 2,35

 

LEMBRANDO_2.pngLADO 2

"RIBEIRANA" (Tradicional)................................ 3,24

"LEMBRANDO"/2ª parte (Tradicional)................. 3,56

"GARABULLOS DE ORTIGUEIRA" (Antón Corral).. 3,27

"RIO DE ANXO" (J. Romero M.)........................ 2,51

"AMOR RIANXEIRO" (Tradicional)..................... 3,29

"O PAU" (Tradicional) .................................... 2,34

Arranxos dos temas tradicionais: OS ROSALES

Técnico de són: JEAN PHOCAS
Grabado por Estudios XOXOA (A Coruña) Setembro 1981
Produce e edita: RUADA, S. A. Nosa Señora da Luz, 18 baixo. Tfnos. (981) 242011 -242088 A Coruña (GALICIA) España
Depósito Legal: C-1436/82

Impreso por LIM, C/, Maestro Juan Corrales, 46 - Esplugues de Llobregat (Barcelona)

De foliada en San Pedro de Vilas (1996) CD

Compoñentes:SAN_PEDRO_1.png

  • Xosé Romero Suárez (gaitas)
  •  Maruxa Miguens (voz e percusión)
  • Mario Romero Miguens (gaitas)
  • Sandra Romero Miguens (gaitas)
  • Xosé Manuel Figueira (gaita, acordeón e flauta)
  • Pablo Raño (tamboril)

ROSEIRAS 3'10"  (Mús.: X. Romero Suárez Letra: popular, adap.: Maruxa Miguens)

POLCA A LIOIRA 2'57"  (X. Romero Suárez)

FOLIADA DAS AMEIXAS 2'35"  (Mús.: X. Romero Suárez Letra: popular, adap.: Maruxa Miguens)

MUIÑEIRA A GATUXA 2'10"  (X. Romero Suárez)

FOLIADA DOS VELLOS 3'40"  (Mús.: X. Romero Suárez Letra: popular, adap: Maruxa Miguens)SAN_PEDRO_2.png

TUXEIRIÑA 3'15"  (X. Romero Suárez)

MARCHA PROCESIONAL DE SAN PEDRO DE VILAS 4'54"  (X . Romero Miguens)

MAZURCA AGASALLO 2'30"  (X. Romero Suárez)

FOLIADA DOS CANTEIROS 4'05"  (Mús.: X. Romero Suárez) Letra: popular, adap.: Maruxa Miguens)

LATEXOS DE PAXARO 3'05"  (Sandra Romero Miguens)

FOLIADA DO MUIÑO 4'02"  (Mús.: X. Romero Suárez, Letra: popular. adap.: Maruxa Miguens)

ENDEREZO: Os Rosales Monteagudo, 12 ASADOS (Rianxo, A Coruña) Telf.: 981 861116
Graciñas a Lete Torres, Xosé Alvare/, l-ernando Aguiar e Ana Fernández de las Heras pola sua colaboración.

Grabado no mes de xaneiro do l989 na Coruña nos estudios Audio Técnica - Producción: Pedro Vaquero - Técnico do son: Xosé Manuel Tasende - Fotografía portada: Fernando Aguiar - Edilado y distribuido por SONIFOLK, S.A, - Fernando el Católico, 58. 28015 - MADRII) - Telf.: 5445955. Fax: 5449738 (P) (C) 1996 SONIFOLK, S.A.

MÁIS VÍDEOS

        EDDLG_principal_blanco.png  ANAGRAMA-2017-sin_borde100.png

Rúa: Ana María Mogas, s/n, Rianxiño, 15920 Rianxo
Teléfono. 981843700
Correo: enl.felixmuriel@gmail.com
b.pngBico da Ría    1373-t-castelo.png Castelo da lúa
YOUTUBE.png              F.png          t.png

2018 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos